CONCURSOS DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2016

A celebración do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE é a principal ferramenta da ONU para impulsar á acción e sensibilización polo medio ambiente. Foi establecida pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas na Conferencia de Estocolmo de 1972, fixándose como data para a súa celebración o 5 de xuño de cada ano.
 
Para a celebración desta data no 2016, o Concello de Santiago de Compostela pon en marcha un concurso de Modelado 3D (COMPOS 3d) e un concurso de Fotografía (COMPOS foto), dirixidos aos alumnos de entre 14 e 17 anos dos centros de ensino regrado de Galicia.

Concurso de modelado 3d COMPOS 3d 2016        Bases do concurso
Concurso de fotografía COMPOS foto 2016            Bases do concurso